Boqueixón ten o agrado de volver a presentar a VI edición da Ruta de Tapas “Que rico estás Boqueixón”, un evento con gran acollida entre o público que ano tras ano nos respalda e nos visita.
A ruta realízase en 2 fins de semana gastronómicos, o 24, 25 e 26 de novembro e o 1, 2 e 3 de decembro de 2017, en horario de 12:00h.- 15:00h. e de 20:00h.- 22:30h.
Como en edicións anteriores, cada tapa ten un custe de 1,50 € e poderánse degustar en 11 establecementos hostaleiros de Boqueixón:
ESTABLECEMENTO | TAPA |
Casa de Xantar O Imprevisto | Timbal agridoce de xamón e tomate |
Café Bar Latino | Espetada de ouro |
A Taberna d´San Benito | Costeleta de cordeiro con salsa de inverno |
Bar A Barreira | Os tigres |
Casa de Xantar Casa Castro | Paspallás confeitada e froitos de tempada |
Café Bar “Casa Agrelo” | Niño de luriñas |
| Picado de gambas |
Restaurante Vente Vindo | Monte Sacro |
| Boqueixo-marmelo |
Café Bar O Rincón de Pepe | Os sete pecados |
Cervexería O Vikingo | Airiños do Pico |
Café Bar O´26 | Caralludo |
Restaurante Vía da Prata | Fabada mariñeira |
| Vieiriña peregrina |
Os clientes poderán participar no Concurso á Mellor Tapa de Boqueixón 2017 votando por aquela tapa que consideren a máis saborosa e obtando así a conseguir algún dos PREMIOS que se sortearán:
Os hostaleiros da zona aportan como premios:
(Preciso ter mínimo 9 selos dos establecementos)
– SORTEOS DE 5 BOTELLAS MAGNUM CORTESÍA DE BODEGA PAZO DO MAR
– 4 ESTOXOS DE BOTELLAS DE BODEGAS LODEIROS
– 2 SORTEOS DE 50€/ CADA UN EN EFECTIVO
– 1 SORTEO DE 100€ EN EFECTIVO (Preciso ter mínimo 11 selos dos establecementos)
O Concello de Boqueixón aporta:
– VALE DE 120€ PARA CANXEAR POR CEA/COMIDA (Preciso ter mínimo 11 selos dos establecementos)
+ info sobre as condicións do Concurso e os sorteos na cartilla de participación.
triptico-tapas2017 INFORMACIÓN ALÉRXENOS
Adxuntos
- INFORMACIÓN ALÉRXENOS (41 kB)
- INFORMACIÓN ALÉRXENOS (41 kB)
- triptico-tapas2017 (350 kB)
- triptico-tapas2017 (350 kB)
- triptico-tapas2017 (350 kB)
- INFORMACIÓN ALÉRXENOS (41 kB)
- triptico-tapas2017 (350 kB)
- INFORMACIÓN ALÉRXENOS (41 kB)