Este venres 18 de novembro o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín e os hostaleiros do municipio, presentaron a VI edición da Ruta de Tapas de Boqueixón 2017 no Restaurante Vente Vindo de Sergude.
Participan 11 locais de Boqueixón no proxecto: Casa de Xantar O Imprevisto, Café Bar Latino, Casa de Xantar Casa Castro, A Taberna d´San Benito, Bar A Barreira, Café Bar Casa Agrelo, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O´26, Cervexería O Vikingo, Café Bar O Rincón de Pepe, Restaurante Vía da Prata; cun total de 14 tapas diferentes.
Celébrarase o 24, 25 e 26 de novembro e o 1, 2 e 3 de decembro en horario de mañá e tarde: das 12:00h- 15:00h. e das 20:00h. ás 22:30h. Cun reducido custo de 1,5 euros por tapa.
Esta ruta de tapas é unha exaltación dos produtos da zona: queixo de Bo-Queixo (D.O. Arzúa-Ulloa e D.O. Queixo de Tetilla), carnes e toda a “horta de Boqueixón”, destacando os grelos de Boqueixón, patacas, pementos, etc que estarán presentes nunhas tapas elaboradas mirando cara unha cociña máis innovadora que aposta por novas presentacións e formatos máis vangardistas, sempre utilizando produtos de tempada.
No espazo da web www.boqueixon.gal adicado á VI Ruta de Tapas de Boqueixón, está recollido todo o material promocional da mesma, onde se facilita a información necesaria sobre o desenvolvemento da ruta e o concurso.