OBXECTO:
Convócanse axudas para a realización de estudios universitarios de medicina/ veterinaria durante o curso académico 2017 – 2018.
IMPORTE DAS AXUDAS:
O importe para a concesión de ditas axudas, previsto no presuposto da Fundación, para o curso 2017-2018, ascende a 404,76 €, podendo variar en función dos rendementos netos, pero nunca será inferior ao 80% dos mesmos tal como sinalan os estatutos da Fundación no seu artigo 27.1.
BENEFICIARIOS:
Serán beneficiarios destas axudas os estudantes pertencentes a calquera parroquia do concello de Boqueixón, e que figuren empadroados a data de aprobación das bases polo Padroado da Fundación con unha antigüidade mínima dun ano.
Terán preferencia en igualdade de condicións os estudantes que pertenzan á parroquia de Ledesma ou/e que obtiveran ditas axudas no curso 2016/2017.
PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Dende o 20 de novembro ata o 21 de decembro (ámbolos dous inclusive) do 2017.
DOCUMENTOS QUE DEBERÁN ACHEGARSE Á SOLICITUD:
- Copia do DNI do solicitante
- Copia do libro de familia
- Copia da declaración da renda das persoas físicas do ano 2016, de tódolos membros que convivan no domicilio familiar.
- Copia dos datos económicos que figuran na Axencia Estatal da Administración Tributaria do ano 2016, correspondentes ós membros computables que non presenten declaración da renda ou solicitude de devolución.
- Xustificantes de ingresos das entidades pagadoras no caso de non estar obrigado a realiza-la declaración da renda do ano 2016.
- Sentencia de separación de matrimonio, no seu caso
- Para alumnos que inicien estudios universitarios:
- Copia da tarxeta de selectividade ou titulación equivalente ( cotexada )
- Notas de segundo de bacharelato ou equivalente ( cotexadas )
- Para alumnos que continúen estudios universitarios:
- Certificación académica na que consten as cualificacións obtidas nas materias nas que estean matriculados no ano 2016 – 2017 (cotexada)
CRITERIOS DE SELECCIÓN
Teranse en conta fundamentalmente os seguintes criterios:
- Situación económica do solicitante
- Traxectoria académica do solicitante
- Existencia ou non doutras axudas
Adxuntos
- Bases (997 kB)
- Modelo solicitude (37 kB)
- Bases (997 kB)
- Bases (997 kB)
- Bases (997 kB)
- Modelo solicitude (37 kB)
- Modelo solicitude (37 kB)
- Modelo solicitude (37 kB)