Participantes : Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña, e apoiados pola Dirección do centro.
Cada participante só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade.
Formato: o guión editarase tendo en conta os seguintes criterios:
- Identificarase cun título
- Redactarase con formato courier, interlineado sinxelo, aliñado á esquerda con numeración de escenas e páxinas. Máximo 4 páxinas de guión (previsto para unha produción aproximadamente de 3 ou 4 minutos).
- Deberá conter polo menos, as seguintes partes; encabezado de escena, descrición/acción, personaxe, diálogo ( de ser o caso), anotación ou paréntese, transicións, e planos.
- Presentar en papel e en soporte dixital. O guión impreso non poderá ir asinado co nome, a única referencia será o título. O idioma empregado será o galego, e engadirase a perspectiva de xénero.
Prazo: O prazo de admisións de guións ábrese o día seguinte á publicación, das presentes bases no BOP 9 de Novembro e péchase aos 30 días naturais 11 de decembro.
Forma de presentación dos traballos: o guión entregarase en soporte papel e dixital (CD,DVD, lapis de memoria, etc) nun sobre pechado; no exterior indicarase IV Concurso de guións contra a violencia de xénero 2017 e un título como identificador do guión.
Dentro desde sobre irá:
- O guión en soporte papel e dixital (CD, DVD, lapis de memoria, etc) identificado co título.
- Un sobre pechado co título no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal cos datos requiridos.
Bases :
Para máis información, poñerse en contacto do CIM de Boqueixón. Teléfono: 981 513 061.