A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, xunto coa concelleira, Ana Seijo e o alcalde Boqueixón, Manolo Fernández , visitaron o Campo do Río en Ponte Ledesma, para coñecer de primeira man as actuacións realizadas na zona para a recuperación e acondicionamento do acceso .
Os traballos consistiron na roza e limpeza de bordes e marxes, a reposición do firme con pavimento de lastro cunha banda central de pavimento de granito abuxardado de forma a conseguir un acabado harmónico coa paisaxe.
A actuación contou cun orzamento de case 20.000 euros.