A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza o Programa “Xuntos polo Nadal 2017” este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias, podan pasar estas datas acompañado/da, Información e requisitos a seguir:
LUGAR E DATA
– Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra),
- Do 23 de decembro de 2017 ao 7 de xaneiro de 2018
SERVIZOS: o programa “Xuntos polo Nadal” inclúe:
- Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
- Aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
- Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan por provincia ata as residencias de tempo libre e viceversa.
- Actividades de animación sociocultural.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
– Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
– Estar empadroado nalgún concello galego.
– Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
– Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia.
SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN:
- O prazo de presentación de solicitudes será ata o 17 de novembro incluído nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Política Social.
PREZO DA PRAZA:
– As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.
DOCUMENTACIÓN:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
- DNI ou pasaporte en vigor.
- Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual …etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
- Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDES : Servizos Sociais do Concello Teléfono 981 51 31 06.