Convocatoria mesa de contratación
A mesa de contratación reunirase o vindeiro día 7 de novembro ás 14.00 horas no salón de plenos da casa do concello coa finalidade de abrir os sobres B de Referencias Técnicas.
As empresas que presentaron ofertas na fase do concurso foron:
Insua, Arquitectura e Urbanismo, SL
Estudio Técnico Gallego,SA
——————————————————————————————————————
1 Entidade adxudicadora:
- Organismo: Concello de Boqueixón
- Obtención de documentación e información:
1 Servizo de Contratación
2 Enderezo: Forte s/n 15881 Boqueixón
3 Teléfono: 981 513061
4 Fax: 981 513000
5 correo electrónico: adela.lamela@boqueixon.es
6 Perfil do contratista: www.boqueixon.gal
2 Obxecto do contrato
a Tipo: Servizo
b Descrición do obxecto: Servizo de asistencia técnico – urbanística do Concello de Boqueixón
c Duración do contrato: 4 anos con posibilidade de 2 anos máis de prórroga
d CPV( Referencia de nomenclatura): 71000000-8
3 Tramitación e procedemento:
a Tramitación: Ordinaria
b Procedemento: Aberto
c Criterios de valoración: multiplicidade de criterios
Criterios que dependen dun xuízo de valor:
Memoria de desenvolvemento dos traballos – máximo de 40 puntos. Puntuarase o contido e desenvolvemento dos traballos a realizar, a xustificación da metodoloxía indicada para a execución das tarefas, a súa coherencia, o bo coñecemento que denote da problemática a resolver e de calquera outro condicionante externo.
Criterios avaliables mediante fórmulas ou porcentaxes:
Oferta económica – ata 40 puntos. Calcularase aplicando a fórmula elaborada polo Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e que a Deputación da Coruña utiliza para o cálculo das puntuacións nos seus procesos de contratación ( http:/www. dicoruna.es/valoración/)
Persoal adscrito – ata 20 puntos. Valorarase o persoal a adscribir para a prestación do servizo por encima dos sinalados como obrigatorios nos pregos, con especial incidencia na cualificación do mesmo sempre e cando teñan relación co obxecto do contrato (enxeñeiros, arquitectos, peritos, arqueólogos, topógrafos e demais relacionadas co obxecto do contrato).
Puntuación: 4 puntos por persoal ata o máximo de vinte puntos. (só se puntuará un técnico por categoría profesional)
Acreditarase mediante a presentación dos títulos e xustificación de pertenza do persoal da empresa ou no seu caso compromiso de colaboración ou constitución de UTE
4 Tipo de licitación:
Base licitación: 22.000,00 euros/ano
IVE (21%): 4.620,00 euros/ano
Total: 26.620,00 euros/ano
Valor estimado do contrato: 132.000 euros
5 Garantías esixidas: Definitiva (%): 5% do importe de adxudicación
6 Requisitos específicos do contratista:
- a) Solvencia económica e financeira. ( cláusula 13.1.D). Acreditarase do seguinte xeito:
Xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais. Considerase solvente o licitador que acredite ter subscrito un seguro con cobertura en explotación e/ou profesionais cunha entidade aseguradora por contía non inferior a 88.000,00 euros. Acreditarase mediante a achega da póliza, acompañado do recibo de pago ou ben mediante un compromiso vinculante de subscrición do seguro que no caso de resultar adxudicatario deberá aportar no prazo máximo de dez días hábiles
Deberá acompañarse un documento, debidamente asinado, no que se indique o compromiso de que a vixencia do seguro corresponderá á totalidade do prazo de duración do contrato.
b) Solvencia técnica e profesional. ( cláusula 13.1.D). Acreditarase do seguinte xeito:
– Mediante a presentación dunha relación da maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución dos traballos , dispoñendo como mínimo dos seguintes medios: medios topográficos, licenzas de Software (debuxo técnico ,deseño obras lineais, deseño e cálculo de estruturas, programas de cálculo de presupostos, tratamento de textos e follas de cálculo) e vehículo todo terreo.
– Mediante a presentación dunha relación dos principais servizos ou traballos similares realizados nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos.
Enténdese por servizos similares o ter realizado servizos de asistencia técnico urbanística que inclúan :
-A prestación dos servizos por técnico competente en cometidos de expedientes en materia urbanística.
-Informes de expedientes promovidos por particulares( informes urbanísticos e fixación de alineacións e rasantes)
-Redacción de memorias valoradas e proxectos técnicos de obras públicas e privadas.
-Medicións e peritaxes de bens públicos e privados.
-Valoración de expedientes de expropiacións e adquisicións de terreos.
-Informe e asesoramento de instrumentos de planeamento urbanístico.
A acreditación da solvencia realizarase mediante a presentación de certificados de ter realizados, cando menos, un contrato cuxo importe anual sexa por contía igual ou superior ao da presente licitación , e que abarque a totalidade das prestacións descritas. A contía da licitación a ter en conta será a que corresponde por anualidade, que é de 22.000,00 € máis IVE.
7 Presentación de ofertas:
As propostas presentaranse dentro do prazo de 15 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP.
Lugar de presentación: no Rexistro do Concello de Boqueixón
8 Apertura de ofertas: Será no salón de plenos do Concello de Boqueixón e indicarase no perfil do contratista ( www.boqueixon.gal) a data e a hora de apertura.
PREGOS DE CLAÚSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS:
Prego de cláusulas administrativas e técnicas