Axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17)
Obxecto:Convocar axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.
O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/reforma17 a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa.
Contía da axuda: Será dun 20 % sobre o prezo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido no seguinte parágrafo, cun máximo acumulado de subvención de 1.000 € por beneficiario.
A axuda do Igape virá condicionada a un desconto realizado polo establecemento de venda, que será realizado sobre a base impoñible da factura, de importe polo menos da mesma contía que a axuda outorgada polo Igape.
A diferenza de prezo sobre a base impoñible resultante para o comprador dos bens obxecto de axuda será do 40 % desta, cos límites expostos, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquera desconto adicional que se poida obter por políticas concretas de venda ou promocións dos establecementos ou fabricantes.
En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao seu valor do mercado.
Presentación de solicitudes: As entidades colaboradoras do programa Reforma17 son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).
O comprador ou compradora dirixirase a unha entidade colaboradora e elixirá un conxunto de bens para adquirir que cumpra os requisitos mínimos exixidos.
Na páxina web do Igape (
Prazo: O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG (procedemento do Igape co código IG218). Ata o 27 de outubro de 2017.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda (que inclúen a documentación xustificativa e a solicitude de cobramento) comezará aos 10 días hábiles despois da publicación desta convocatoria no DOG e finalizará o 17 de novembro de 2017 agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.. (procedemento do Igape co código IG219).
O prazo de xustificación da axuda estenderase ata o 1 de decembro de 2017.
MÁIS INFORMACIÓN: No departamento de Servizos Sociais do Concello ou ben chamar ó teléfono 981513106