Este mércores, día 27 de setembro ás 19:30 h. no Salón de Actos do CPI Antonio Orza Couto a directora do IGC, Sol Vázquez, e o alcalde do noso concello, Manuel Fernández Munín farán entrega do premio aos gañadores do concurso de vídeos realizados no Forte, dentro da actividade do IGC “Actívate no Verán”, durante a segunda quincena de Verán Activo.
O premio consiste nun bono para disfrutar no Parque Multiaventura Galipark de Padrón. O concello porá a disposición do grupo de 46 rapaces e rapazas o servizo de autobús e acompañamento.
Parabéns aos gañadores!! e Grazas a todos os que votaron este vídeo!!