Ao abeiro da Resolución do 29 de decembro do 2016 (DOG nº 14 do 20 de xaneiro do 2017) da Axencia de Turismo de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, o Concello de Boqueixón desenvolveu un proxecto de “Sinalización do Pico Sacro mediante ferramentas tecnolóxicas” cun custo total de 18.014,15 €, dos cales 13.510,61 euros son subvencionados mediante esta liña de financiación.
O obxectivo principal é a dinamización do turismo nun fito histórico, natural e cultural importante como é o Pico Sacro e a súa contorna, por ísto, propónse dotalo dunha solución tecnolóxica en forma de aplicación para teléfonos móbiles e tabletas tanto con sistemas operativos iOS como Android.
Unha App móbil, é unha ferramenta fundamental para o visitante de hoxe en día, o que actualmente se pode denominar como unha dinamización silenciosa. Coa aplicación, o visitante poderá dispór da información máis completa sin máis instrumento que o seu dispositivo móbil.
Cubriría unha volumen alto de información, facéndollo chegar ó visitante dun xeito sinxelo, intuitivo e práctico para a visita.