Dado o éxito de programa DESEÑANDO O TEU FUTURO, que se está a desenvolver no Concello de Boqueixón dende o ano 2015, máis o entusiasmo amosado polos mozos e mozas e polas empresas participantes, este ano o concello de Boqueixón e Vedra presentan o programa conxuntamente polo que se abre un prazo de solicitudes de inscrición para aqueles que desexan coñecer a súa vocación laboral a través das estadías-visitas que se desenvolven coas empresas conveniadas.
Se eres un mozo ou moza de Boqueixón e Vedra:
– resultache difícil resolver estas cuestións: “Necesito planificar o miña traxectoria profesional e non sei que estudar!” “Teño moi poucas ideas sobre as ocupacións nas que podo encaixar!” “Faltame seguridade sobre o que unha persoa como eu podería facer! “,
– tes entre 14 e 18 anos,
– desexas coñecer a realidade dunha profesión, ocupación ou oficio para descubrir a túa verdadeira vocación.
¡Esta é a túa oportunidade de formar parte de Deseñando o teu futuro!
Poderás realizar a estadía visita entre 5 e 15 días, e entre 5 e 6 horas diarias na empresa conveniada e vinculada á profesión, ocupación u oficio que queiras coñecer. Ademais terás unha compensación económica de 6 euros día.
Para máis información podes contactar no 981513061(extensión 4) no Departamento de Formación e Emprego do Concello de Boqueixón, e no 981814612 no Concello de Vedra.
No momento de facer a solicitude de inscrición/participación debes cubrir estes anexos que se xuntan a esta información e asinalos debidamente, a non presentación dos mesmos implica que non podes participar na selección de participantes do programa. anexos
Adxuntos
- Deseñando o teu futuro (2 MB)
- anexos web (118 kB)
- anexos web (118 kB)
- anexos web (118 kB)
- Deseñando o teu futuro (2 MB)
- Deseñando o teu futuro (2 MB)
- Deseñando o teu futuro (2 MB)
- anexos web (118 kB)