“O eclipse solar poderá verse ben desde o Pico Sacro”Según a edición de hoxe 21 de Agosto do Correo Galego, “o eclipse solar poderá verse moi ben desde o Pico Sacro”, o sol será lixeiramente eclipsado pola lúa. O Director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC , o profesor José Ángel Docobo , indica que para velo no seu maior esplendor haberá que velo desde puntos altos con pouca contaminación lumínica. A mellor hora é a partir das 20:45 h., a hora da posta do sol é ás 21:15 h. cando se poderá contemplar no seu máximo esplendor e con total claridade.
Docobo aconsella que se utilicen gafas protectoras de alta protección e que as observacións sexan de poucos segundos para non danar a vista.