O 26 de xullo rematou a visita de intercambio a Boqueixón que realizou un grupo de 21 mozos e mozas de Ibiza, de idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos.
Entre os obxectivos deste intercambio figura o fomento de actividades de ocio saudable e a promoción de valores e actitudes de respecto e solidadaridade entre os participantes. Durante a estadía dunha semana este grupo, acompañado de monitores de ambos concellos realizou diversas actividades culturais e deportivas que lle serviron para coñecer o noso municipio e a outros lugares da nosa comunidade.
Do mesmo xeito, un grupo de 28 rapaces e rapazas de Boqueixón visitarán a illa, do 2 ao 9 de agosto, participando nun completo programa de actividades organizadas pola Concellaría de Xuventude ibicenca.