FALLO DO XURADO PROFESIONAL
GAÑADORAS DO I CONCURSO DE XARDINEIRAS DE BOQUEIXÓN
O fallo do xurado profesional do I Concurso de Xardineiras de Boqueixón composto por:
– MARGARITA DEVESA CARDELLE (xardineira profesional). Concello de Vedra
– JAVIER PICHEL ORTIGUEIRA (xardineiro profesional). Concello de Santiago de Compostela
– CARLOS ABEL MARQUEZ (xardineiro profesional). Concello de Ames
Dou como gañadoras ás seguintes concursantes:
1º PREMIO Á MELLOR XARDINEIRA DE BOQUEIXÓN 2017 para Mª DEL CARMEN BALADO DE LUÍS de Sergude
2º PREMIO Á MELLOR XARDINEIRA DE BOQUEIXÓN 2017 para SILVIA PENA MIDÓN de Loureda.
3º PREMIO Á MELLOR XARDINEIRA DE BOQUEIXÓN 2017 para MARÍA JOSÉ VARELA ESPIÑO de Ponte Ledesma.
As 3 premiadas recibirán cada unha os seus diplomas acreditativos e un vale para canxear por material de xardinería cun valor económico de 100€ para o 1º posto, 75€ para o 2º posto e 50€ para o 3º posto.
O alcalde Manuel Fernández Munín precisou que os membros do xurado destacaron
“bo nivel da ornamentación e a innovación nas creacións” e avanzou que dada a acollida do certame entre a veciñanza, decidimos que seguiremos organizándoo nos vindeiros anos.
A entrega dos vales e dos diplomas realizarase o vindeiro 4 de agosto ás 12:00h. no Salón de Plenos da Casa do Concello.