Boqueixón acolle o vindeiro domingo, día 30 de xullo, no campo de fútbol da Silveira (Camporrapado) a 4ª edición do trofeo de fútbol entre dous destacados equipos do panorama futbolístico: R.C. Deportivo B- S.D. Compostela.
O Compostela dentro da súa planificación de pretemporada vai medir a forzas frente a un Depor B que acadou na pasada tempada o ascenso a Segunda B e mostrará a calidade da súa renovada plantilla e o bo facer da súa canteira. O Compos pola súa banda preséntase coa ilusión dos novos fichaxes e un proxecto realizado para destacar en Terceira, poñendo en liza todo o seu potencial competitivo.
A característica diferenciadora deste trofeo é sin dúbida a calidade deportiva que aporta, contando en anteriores edicións con equipos de alto nivel como o Lugo e o Celta de Vigo, feito que atrae a un gran número de seguidores ata o noso concello para disfrutar destes encontros.