Segundo se recolle na Resolución do 1 de xuño de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño, o concello de Boqueixón é un dos afectados pola praga que afecta aos cítricos e a outras especies ornamentais emparentadas (ruda, choysia e outras), chamada psílido africano dos cítricos (Trioza erytrae). Posto que se trata dunha praga moi perigosa e que resulta totalmente letal para as plantas afectadas, a Consellería do Medio Rural establece a prohibición de movemento de todas as especies sensibles dentro das zonas afectadas e a comercialización de froitos de cítricos con follas ou pedúnculos que procedan das citadas zonas .
Esta prohibición non só afecta aos viveiros, senón tamén a outros establecementos de venda de subministracións agrícolas, e demais lugares onde se poidan comercializar cítricos, como as feiras.
O incumprimento desta prohibición poderá ser considerada infracción grave.
Normativa
- Real Decreto 23/2016, do 22 de xaneiro, polo que se establece o programa nacional de control e erradicación de Trioza erytreae, e o programa nacional de prevención de Diaphorina citri e Candidatus Liberibacter spp.
- RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara a presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
- RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se establecen as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos e se adoptan medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.
- RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Adxuntos
- Documento_3_Cartel_informativo_Trioza_erytreae (2 MB)
- Documento_2_Diptico_informativo_Trioza_erytreae (2 MB)
- Documento_2_Diptico_informativo_Trioza_erytreae (2 MB)
- Documento_2_Diptico_informativo_Trioza_erytreae (2 MB)
- Documento_3_Cartel_informativo_Trioza_erytreae (2 MB)
- Documento_3_Cartel_informativo_Trioza_erytreae (2 MB)
- Documento_3_Cartel_informativo_Trioza_erytreae (2 MB)
- Documento_2_Diptico_informativo_Trioza_erytreae (2 MB)