Éste sábado 8 de xullo percorreremos o Roteiro dos Pescadores e Río Grande dentro do Programa de Sendeirismo “Goza do Ulla”.
É unha actividade aberta a todo aquel que queira desfrutar dun roteiro con paisaxes de gran beleza natural e arquitectónica.
O punto de encontro é a Área Recreativa de San Paio (Codeso) ás 10:00h. onde deixaremos os coches e un autobús nos levará ó inicio do roteiro.
O punto de partida da andaina é Ponte Ledesma, un núcleo poboacional cun conxunto etnográfico moi importante: Igrexa Parroquial Divino Salvador de Ledesma, a Ponte Vella de Ledesma e as Ínsuas de Gres sobre o Ulla. Partindo de ahí percorreremos o roteiro dos Pescadores, tramo de Rede Natura 2000, un espazo natural protexido. É unha fermosa senda propia dos pescadores cunhas vistas de gran beleza ata a parroquia de Donas.
Seguiremos polo roteiro do río Grande que nos vai levar á Capela de San Paio en Codeso, enclave natural e arquitectónico de impresionante beleza, onde se pode desfrutar do río Pontillón que desembocará máis adiante no Ulla e dunha fervenza de 7m. de altura onde finalizaremos a andaina.