VOLUNTARIADO XUVENIL 2017
No Concello de Boqueixón existe o Servizo de Voluntariado Xuvenil , en colaboración coa Xunta de Galicia, dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos.
As actividades que se levarán a cabo serán as seguintes:
– Apoio aos monitores/ras do Verán Activo (programa lúdico -educativo).
– Apoio aos monitores/ras da Ocioteca de Camporrapado(curso escolar).
– Apoio aos monitores/ras das actividades deportivas.
– Apoio aos monitores/ras das actividades xuvenís (campamentos, intercambios, campo de traballo).
– Turismo.
– Protección Civil.
– Gardería municipal
Os/as voluntarios/as reciben unha compensación económica de 6€/día para cubrir os gastos de transporte e manutención e estarán cubertos polos seguros correspondentes.O servizo de voluntariado ten unha duracción comprendida entre 15 e 60 días
Benefícios :
- As/os voluntarias/os adquirirán experiencia no ámbito elexido, coa educación non formal e á dinamización xuvenil.
- Ao finalizar a súa colaboración a/o voluntario/a recibirá da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado que acreditará a súa participación.
PARA MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS 981513061
Aberto o prazo de inscición ata cubrir prazas