Os días 12, 13 e 14 de xuño tivo lugar en Santiago o XV Encontro Estatal de programas universitarios para maiores onde estivo presente o Programa “Prevención da dependencia” coordinado polo Departamento de Servizos Sociais de Boqueixón.
Os máis de 200 participantes, case todos eles maiores de 60 anos e de 30 universidades de España, poideron observar mediante un póster o resumen do noso traballo con maiores de Boqueixón.
Destacouse entre outra conclusións, que existe unha visión negativa sobre o envellecemento e que é preciso que existan estímulos externos para que o cerebro non se inactive (musculatura neuronal). É necesario que se traballen proxectos que estimulen un rexuvenecemento activo.
Sorprendente foi encontrarse con tantos maiores activos nunha sociedade de tecnoloxías e moi interesados na súa aprendizaxe ao longo da vida. Coñecer a persoas diversas pero con obxectivos afíns ao noso programa de Prevención da dependencia.
Entre os participantes maiores un máis especial, pertencente á Universidade de Alicante nativo de Boqueixón, da parroquia de Sergude, que se mostrou moi interesado polo noso traballo.