APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DOS PREZOS POLA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “RAÍÑA LUPA” DE BOQUEIXÓN
A Xunta de Goberno Local do Concello de Boqueixón, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 1 de xuño do 2017 adoptou o acordo de aprobar inicialmente a modificación da ordenanza fiscal reguladora dos prezos pola prestación dos servizos da escola infantil municipal “Raíña Lupa” de Boqueixón.
Dito expediente permanece exposto ó público na secretaría do concello, durante o prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día 9 de xuño de 2017, co fin de que os interesados/as poidan examinalo e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
O prazo de presentación de reclamacións remata o vindeiro 20 de xullo do 2017.