XORNADA DE CLAUSURA DEPORTIVA
O venres, día 9 de xuño pola tarde, nas instalacións do Forte organizamos o peche de actividades deportivas (aínda que as actividades de adultos continúan ata finais de xuño).
15:30 a 19:00 – Portas abertas con inchables, patinaxe, judo, futsal, circuítos de psicomotricidade e multideporte, campionatos 3×3 de fútbol, zumba kits. Poden participar todos os nenos e nenas que o desexen.
A continuación haberá exhibición dos grupos de judo e patinaxe curso 2016/2017 e entrega de diplomas.
Merenda
18:30 Gran Festa da espuma
Importante: O alumnado do CPI que desexe quedarse despois do cole e non vaia facer uso do autobús de volta, deberá entregar no cole, antes do día 7 de xuño, a autorización que se lles fará chegar ás casas. Os menores de 6 anos deberán estar acompañados dun adulto.
Actividades adultos
19:30 Masterclass de pilates
20:30 Masterclass de zumba
Ven a probar!!!!