PRESENTACIÓN DO PROGRAMA GOZA DO ULLA 2017 NO CASTELO DE PAMBRE
A fortificación ubicada en Palas de Rei serviu de punto de encontro para a presentación do programa Goza do Ulla 2017.
A nova edición do programa de sendeirismo no que participan os 20 concellos de Galicia polos que discorre o río Ulla ó longo dos 130 kilómetros de percorrido que van desde o seu nacemento nun prado de Olveda (Antas de Ulla) ata a desembocadura en Vilagarcía.
A actividade conta cunha nutrida participación desde os seus inicios e é unha aposta forte dos concellos, apoiada pola Xunta, para potenciar a actividade turística sostible, tal e como recordou na súa intervención o Delegado Autonómico, José Manuel Balseiro.
O Concello de Boqueixón organiza para o 8 de xullo o Roteiro dos Pescadores e Río Grande. Un roteiro de 9.600 km aprox. saíndo ás 10:00h. e con chegada aprox. á 13:00h.
O punto de encontro dos participantes é a Capela de San Paio en Codeso e o punto de partida é o Campo do río de Ponte Ledesma, un núcleo poboacional un núcleo poboacional cun conxunto etnográfico moi importante: Ponte Vella de Ledesma, as Ínsuas de Gres sobre o Ulla. Partindo de ahí percorreremos o roteiro dos Pescadores, tramo de Rede Natura 2000, un espazo natural protexido. É unha fermosa senda propia dos pescadores cunhas vistas de gran beleza ata a parroquia de Donas.
Seguiremos polo roteiro do río Grande que nos vai levar á Capela de San Paio en Codeso, enclave natural e arquitectónico de impresionante beleza, onde se pode desfrutar do río Pontillón que desembocará máis adiante no Ulla e dunha fervenza de 7m. de altura onde finalizaremos a andaina.