Segundo publicación do IMSERSO, está aberto o prazo de solicitudes de prazas para poder participar no PROGRAMA TURISMO DO IMSERSO TEMPADA 2017/2018
Todas aquelas persoas que desexen viaxar polo IMSERSO, deberán pasar polo Departamento de Servizos Sociais, (vindo provistos de DNI) e asinar a correspondente solicitude.
PODERÁN SOLICITAR:
- Maiores de 65 anos ou pensionistas de xubilación ou outros pensionistas do Sistema Público con 60 anos cumpridos.
- Ser pensionista de viudedade con idade igual ou superior aos 55 anos.
- Admítense como acompañantes:
- O cónxuxe
- Tamén poderán participar os fillos discapacitados que teñan unha minusvalía mínima do 45% sempre e cando a minusvalía lles permita viaxar e o fagan acompañados dos pais compartindo con eles habitación.
PRAZO PARA SOLICITAR : Ata o 7 de xuño de 2017
En lista de espera ata decembro
SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN : Servizo Social do Concello Teléfono 981 51 31 06