Boqueixón foi un dos concellos elexidos para acoller a celebración do día do libro a través da campaña posta en marcha pola Deputación da Coruña Libros para Sermos Libres.
Esta iniciativa pioneira quixo visibilizar o libro e promover a lectura na poboación, aproveitando a celebración dunha data que se conmemora en todo o mundo.
Os libros cos que se agasallou á veciñanza do concello proviñan dos fondos da Deputación da Coruña e dos propios da Biblioteca Municipal de Boqueixón.
Unha vez máis, os veciños e veciñas de Boqueixón, amosaron o seu compromiso coa cultura e acudiron na mañá de onte ao Campo da Feira de Lestedo a gozar da lectura e a recoller o seu exemplar gratuíto de entre os 600 libros que tiñan para escoller.
No reparto participou a vicepresidenta de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, xunto co alcalde de Boqueixón Manuel Fernández Munín.