A Secretaría Xeral da Igualdade , oferta prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2017.
A través de dita campaña ofrécese a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas.
Dentro desta campaña, levada a cabo pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, existe unha reserva específica de prazas gratuítas nestes campamentos xuvenís dirixidas preferentemente, ós fillos e fillas daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero que residen ou residiron nos últimos anos nalgún centro de acollida.
É imprescindible que os nenos e as nenas saiban nadar.
O prazo para a presentación da documentación rematará o día 5 de maio do 2017.
Para obter información poñerse en contacto co CIM de Boqueixón directamente ou ben no teléfono 981 513061 (Iolanda/Cristina)