A) O venres 24 de marzo saíu publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17 de marzo de 2017 da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.
O prazo para a presentación das solicitudes das indemnizacións do artigo 43 de Lei galega 11/2007, é do 25 de marzo ao 31 de outubro de 2017.
O prazo para a presentación das solicitudes das axudas do artigo 27 de Lei orgánica 1/2004, é do 25 de marzo ao 30 de novembro de 2017.
B) O venres 24 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.
O prazo para a presentación das solicitudes da axuda periódica para vítimas violencia de xénero prevista no artigo 39 de Lei galega 11/2007, comeza o 25 de marzo e estará aberto con carácter permanente.
Para maior información, ou consulta poderán poñerse en contacto co CIM do Concello de Boqueixón, teléfono 981 513061 ou ben na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade (http://igualdade.xunta.gal/gl/axudas) e na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal/portada