Apertura da primeira convocatoria de axudas dirixidas a empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural galego para a dotación do servizo de banda larga ultrarrápida.
Trátase dun programa de subvencións enmarcado no Plan de Banda Larga 2020, aprobado pola Xunta de Galicia a finais de 2015, que conta cun orzamento de 500.000 euros e poderase ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda.
Indicar que a contía de subvención será de ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, cun máximo de 20.000€ por beneficiario. O IVE non será subvencionable.
O prazo para a solicitude das axudas rematará o día 20 de abril.
Para máis información sobre a convocatoria prema na seguinte ligazón http://amtega.xunta.gal/axudas-para-empresas-illadas, ou ben póñase en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00h.