Esta mañá, o Concello de Boqueixón, ven de recibir por parte da Consellería de Medio Rural, unha pértega cos seus elementos accesorios para combatir á Vespa velutina. Cun alcance de ata 28 metros, esta ferramenta permite ao persoal habilitado para tal fin, colaborar no plan de vixiancia e control deste insecto invasor retirando os niños ubicados a alturas elevadas.
O material cedido está composto por unha pértega de aluminio lixeiro distribuida en 18 tramos de 1,5m, 2 punteiros inxectores de distinta lonxitude, 2 mangueiras de tubo transparente, unha espátula de retirada e un sistema impulsor con bomba de accionamento manual.
A Directora Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Do Campo, destacou no acto, a importancia da colaboración establecida entre distintos concellos e a Consellería de Medio Rural na loita contra esta especia exótica invasora.
No acto de entrega estiveron presentes o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, a 1ª Tenente de Alcalde de Vedra, Mª Jesús Piñeiro e os membros de protección civil de ambos concellos formados para a loita contra Vespa velutina.