No Pleno ordinario do 8 de marzo do 2017 aprobouse a moción para o mantemento das oficinas de correos de Boqueixón e Vedra.
Dende a corporación municipal ofréceselle á empresa pública de Correos SAE, alternativas ao desprazamento cara Santiago de Compostela, do personal asignado ás oficinas de Vedra e Boqueixón.
Así mesmo solicítase a Correos SAE o mantemento do persoal asignado ás oficinas de Boqueixón e de Vedra, cos mesmos horarios de atención ao público que se manteñen na actualidade ou ben se a empresa considera que non hai lugar ao mantemento do persoal actual, solicitar a unificación das oficinas de Boqueixón e Vedra, nunha localización intermedia nas proximidades da estrada nacional 525, nun local cedido polo concello afectado.