No Pleno ordinario do 8 de marzo do 2017 aprobouse a moción sobre a declaración institucional 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
O Concello de Boqueixón únese a esta declaración e súmase a todas as voces que claman por un futuro de igualdade, exento de violencia de xénero, xa que a súa erradicación é determinante para camiñar cara á igualdade real entre homes e mulleres. Insístese na necesidade de que continúen implantándose políticas encamiñadas a fomentar o emprego e o emprendemento feminino, máis educación para a igualdade de oportunidades, maior incorporación das mulleres na sociedade da información e máis apoio ás mulleres que viven no ámbito rural.