O Concello de Boqueixón ven de adquirir 30 trampas para a chamada vespa asiática que serán distribuídas por diferentes puntos do concello atendendo as alertas xeradas polos veciños tras a detección dun niño ou en zonas propensas ao desenvolvemento deste insecto.
A colocación de trampas para a captura de raíñas pode ser un método importante na loita fronte a Vespa velutina, xa que cada raíña capturada suporá que haberá un niño menos no entorno.
Durante a campaña do ano 2016 foron retirados no Concello de Boqueixón, por personal altamente cualificado, 30 niños activos, destacando a zona norte do concello como a de máis actividade.
A tal efecto, e coa finalidade de que a veciñanza esté o máis informada posible, habilitouse un apartado especial na web do concello no que poder consultar información de interese sobre a Vespa velutina.
Actualmente, Boqueixón conta con 10 niños detectados sen actividade, os cales se retirarán nestes días.