CoidarNos, o programa de apoio a persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia que deselvolve o Concello de Boqueixón, foi presentado na IV Conferencia Nacional del Paciente Activo, que acolleu o Palacio de Congresos da cidade de Oviedo o pasado 4 de marzo. CoidarNos foi seleccionado para formar parte da sesión de comunicacións de experiencias desta conferencia e, así mesmo, estivo presente no IX Congreso Nacional de Atención Sanitaria al Paciente Crónico, a través dun póster no que se describían os obxectivos e características do programa.
Este vídeo que se amosa a continuación foi o que puxo o broche de ouro a IV Conferencia Nacional del Paciente Activo, en Oviedo.