As mulleres non poden seguir sendo vítimas de desigualdades e episodios de violencia de xénero.
As comunidades de veciños e veciñas non poden mirar para outro lado.
Grazas a colaboración entres a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, a Asociación Española de Auditores Socio Laborais e o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia preténdese conseguir que haxa máis mulleres que teñan información para saír do círculo da violencia, e máis persoas, homes e mulleres, que rexeiten a violencia de xénero.
- Si se teñen sospeitas fundadas de que pode existir unha situación de violencia de xénero na súa comunidade: Chamar o 016, ó teléfono de información á muller: 900 400 273, ó teléfono do CIM do concello de Boqueixón 981 513 061 e solicitar información.
- Si se trata de situación de emerxencia: Chamar á policía 091, garda civil 062 ou emerxencias 112
- Si é necesario acompañar á vítima a un centro médico-sanitario
- Solicitar información ó seu Administrador/ra de fincas colexiado/a