Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (preme na imaxe para acceder á orde de convocatoria completa).
Persoas beneficiarias:
Alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Estar cursando 1º,2º,3º, ou 4º da ESO ou 1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral.
- Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/16.
- Ter acadado no curso 201/16 na materia de Lingua Inglesa, unha cualificación mínima de “Ben” (nota numérica 6) no curso anterior.
- Non ter concedida, no presente curso, outra axuda coa mesma finalidade.
- Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
Solicitudes, presentación e prazo:
- As solicitudes presentaránse preferiblemente por vía electrónica a través do forumlario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Prazo de presentación: inicio 28 de febreiro – fin 27 de marzo.
Máis información no Dpto. de educación do Concello de Boqueixón ou no 981513115.