Onte tivo lugar na Casa de Xantar Casa Castro de Sergude, a presentación das II Xornadas Gastronómicas da Filloa de Boqueixón.
Por segunda vez, Boqueixón fai honra á súa historia como “terra de filloas” e de grandes filloeiros e filloeiras e organiza, de novo, xunto coa hostelería do municipio as 2as Xornadas Gastronómicas da Filloa.
Serán sete días adicados a degustar os bocados máis innovadores e suxerentes con filloas como base da preparación, pero incorporando tamén produtos locais e de tempada da máis alta calidade, como xa veñen sendo recoñecidos (queixo, grelo, carnes,…).
Participan neste nova edición 6 establecementos hostaleiros de Boqueixón: Casa de Xantar Casa Castro, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O Rincón de Pepe, Cervexería O Vikingo, Café Bar O´26 e Restaurante Vía da Prata.
Esta ruta de exaltación da gastronomía celebrarase durante os días: 24, 25, 26 e 28 de febreiro e o 2, 3 e 4 de marzo en horario de mañán e tarde: das 12:00h- 15:00h. e das 20:00h. ás 22:30h.
Os locais elaborarán exquisitas filloas con variados acompañamentos que farán as delicias da clientela a un prezo de 1,5 euros.
CASA DE XANTAR CASA CASTRO (A Igrexa- Sergude)
“Filloas e algo máis..”
RESTAURANTE VENTE VINDO (A Gándara- Sergude)
“Filloa preñada”
CAFÉ BAR O RINCÓN DE PEPE (Vilar- Lestedo)
“50 sombras de Grey”
CERVEXERÍA O VIKINGO (Vilar- Lestedo)
“Ceo feat Inferno”
CAFÉ BAR O´26 (Pazos- Lestedo)
“Mixtura”
RESTAURANTE VÍA DA PRATA
“Fillorena”