Na maña de hoxe, tivo lugar, na cafetaría do Centro Comercial Compostela El Corte Inglés, a presentación das filloas de Lestedo como acción de promoción e difusión desta Festa declarada de interese turístico que celebra a súa 34 edición o vindeiro domingo 5 de marzo.
Durante nove xornadas, que van dende hoxe 23 de febreiro ata o 4 de marzo, dúas filloeiras de Lestedo estarán en directo elaborando filloas en horario de 13:00h a 16:30h. E dando a degustar de forma gratuíta este manxar. Este acto promocional coincide coas Xornadas Gastronómicas do cocido na cafetaría do Centro Comercial.
O acto estivo presidido polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, polo xefe de relacións externas do Corte Inglés, Pati Blanco, polo xefe do restaurante do Corte Inglés, Pablo Vázquez e por José Manuel Iglesias portavoz da asociación da filloa.