Beneficiarios/as:
- Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.
- b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
- c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2008 ou posterior.
- d) Non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
- e) Non ter emprego remunerado.
- f) Non desfrutar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
- g) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
- h) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
Obxecto: bolsas de formación que teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.
O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2017 cunha duración máxima de nove meses, contado desde a data da incorporación das persoas bolseiras ata o 30 de decembro.
Dotación económica: cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800,00 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 euros brutos por mes.
Centro de destino e xornada: a formación terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio e Consumo en xornada de mañá.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes: as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal. Prazo de presentación de solicitudes: 18/02/2017 – 17/03/2017. Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.