Obxecto: Bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo
Persoas beneficiarias:
Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan os seguintes requisitos no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
– Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e algunha das seguintes titulacións universitarias: licenciatura/grao en Dereito.
– Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación a esta escola.
Duración, importe e contía:
As actividades de formación iniciaranse cando o/a candidato/a seleccionado/a comece a desempeñar a bolsa na EGAP, tal como se dispón na base décima, e finalizarán o 31 de decembro de 2017.
O importe de cada bolsa será de 1.100 euros brutos mensuais (13.200 euros anuais). O pagamento efectuarase tras a certificación da EGAP do bo aproveitamento da bolsa, polo importe líquido, tras realizar as retencións fiscais e sociais que lle correspondan, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días. A cantidade percibida estará en función do número de días transcorridos desde a incorporación da bolsa.
Prazo de presentación de solicitudes: 22/02/2017 – 21/03/2017.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria