Esta mañá tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos a presentación da XXXIV Festa da Filloa de Lestedo que se celebra o domingo 5 de marzo.
Esta festa, que celebra a súa trixésima cuarta edición, foi declarada no ano 2008 como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Despois de 33 anos esta festa converteuse nunha das festas gastronómicas de Galicia máis consolidadas que move cada ano arredor de 20.000 persoas e vai en aumento edición tras edición.
Co ánimo de seguir mellorando e consolidando esta homenaxe a un dos pratos de Galicia por excelencia, presentouse una festa na que non faltarán ningún dos seus pratos fortes:
- Os días 24, 25, 26 e 28 de febreiro, 2, 3 e 4 de marzo celébranse as 2as Xornadas Gastronómicas da Filloa de Boqueixón.
- Xoves 23 de febreiro, presentación da Semana da Filloa no Centro Comercial Compostela, El Corte Inglés.
- Venres 3 de marzo, promoción da Festa da Filloa en Luar.
- Sábado 4 de marzo, realización do programa AQUÍ GALICIA, da TVG, desde Lestedo, no que se falará da Festa, e intervirán distintos grupos de Lestedo e Boqueixón asi como personalidades da zona.
- Sábado 4 de marzo a partir das 16:30 h da tarde celébrase a V CARREIRA DA FILLOA, en colaboración coa empresa www.39segundos.com
E xa no propio día da festa, os actos previstos son os seguintes:
- Ás 12:30h. está previsto o 2º Desfile Intermunicipal de Xenerais da Ulla.
- Sobre a 13:30h., María Mera, actriz e presentadora, quen ten as súas orixes en Boqueixón, dirixirá os actos na Festa da Filloa.
- Como pregoeira contamos con Ánxeles Vázquez, Conselleira do Medio Rural, persoa sempre implicada, moi coñecedora do noso municipio e que de moi bo agrado aceptou ser a pregoeira deste ano.
- Na sesión vermouth e ó longo da xornada actuarán distintos grupos e charangas. Amenizarán a festa LOAIRA, ESTRALAMPO, TNT, O RECOBIO e AS PANDERETEIRAS A.C. ROSALÍA DE CASTRO.
- As 17:00 horas darase paso ós famosos Altos dos Xenerais do Ulla da parroquia de Lestedo.
- As 18:30 horas, para rematar a festa contaremos coas orquestas NEVADA e OLYMPUS, que amenizarán unha verbena que chegará ata as 10 da noite.
No acto de presentación contamos coa presenza de Nava Castro Domínguez Directora da Axencia de Turismo de Galicia, o alcalde de Boqueixón Manuel Fernández Munín, José Manuel Iglesias Gómez portavoz da Comisión da Filloa de Lestedo, Orlando Vázquez empresario e inventor da máquina das filloas e José Manuel Canabal Vázquez presidente da Comisión da Filloa de Lestedo.