Reunións informativas:
- Venres 27 de xaneiro ás 20:30h. na Casa da Cultura de Camporrapado, reunión informativa cos veciños e veciñas de Oural.
- Sábado 28 de xaneiro ás 20:30h. no Local social de Sergude, reunión informativa cos veciños e veciñas de Sergude.
- Domingo 29 de xananeiro ás 13:00h. no Local Social de Vigo, reunión informativa cos veciños e veciñas de Vigo e Gastrar.
Estas xuntanzas pretenden ser unha acción de democracia participativa e diálogo estructurado cos cidadáns, na que os veciños e veciñas poidan debatir e opinar sobre as accións estratéxicas que se están a levar a cabo dende o concello.
Avanzamos cara a consolidación destas xuntanzas e cara novas formas e instrumentos que faciliten a participación cidadá directa, na que poder dar resposta inmediata a calquera suxestión ou queixa cidadá.
O alcalde Manuel Fernández Munín estará acompañado do delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, co fin de informar e analizar as actuacións e investimentos que ambas administracións están a realizar nas citadas parroquias, así como aquelas outras que poderían ser incluidas en futuros plans.