Esta semana, tivo lugar no salón de plenos do Concello de Boqueixón, a sinatura de varios convenios de colaboración entre os equipos de fútbol de Boqueixón, a empresa RAMSA e o propio concello.
Estes convenios teñen por obxectivo o fomento da práctica do deporte entre a poboación para manter así uns hábitos de vida saudables.
Os equipos que asinaron o convenio foron os seguintes: E.F. de Boqueixón, C.F. Ponte Camporrapado, Reale Lestedo Boqueixón. Boqueixón C.F., Tartas Lestedo Maderas Peón Veteranos F.S, Veteranos Camporrapado, Taberna do Portugués Boqueixón (Veteranos), F.S. Rodiño TRS e o FUTSAL Boqueixón.