O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, xunto cos hostaleiros participantes na Ruta das Tapas, deron a coñecer na mañá de hoxe, os premiados da quinta edición. O acto de entrega dos premios celebrouse no Salón de Plenos do concello, lugar no que se reuniron profesionais da hostalería boqueixonesa, autoridades e clientes premiados.
Lista de premiados:
- 1º Premio “Á mellor tapa de Boqueixón 2016” compartido por:
- Casa Castro coa tapa “Tosta de Outono”
- O Rincón de Pepe coa tapa “Raíña Lupa”
- 2º Clasificado como “Mellor tapa de Boqueixón 2016”:
- Café Bar O Latino coa tapa “Bocado crocanti de Bo-Queixo”
- 3º Clasificados “Mellor tapa de Boqueixón 2016” compartido por:
- Cervexería O Vikingo coa tapa D-vinos”
- Café Bar O´26 coa tapa “O remedio da avoa”
Por outra banda, tamén se fixo entrega dos premios aos clientes que percorreron a ruta e votaron pola mellor tapa.
Lista de premiados:
- Yolanda Sánchez Sanin de Sergude (Boqueixón) premiada con 200€ en metálico.
- Pablo Tejo Bouzas de Santiago premiado con vale por 120€ para canxera por xantar/cea en establecemento de Boqueixón.
- Gonzalo Redondo Rendo (Camporrapado), Enrique Paderne Granja (Lestedo), Dolores Codesido Mallou (Lestedo), José García Rendo (Touro) e Marcos Santasmarinas Vázquez (Sergude) premiados con unha botella de Magnum cortesía da bodega Pazo do Mar.
Na quinta edición da Ruta de Tapas de Boqueixón participaron un total de 12 establecementos que presentaron 14 tapas distintas, que foron moi ben acollidas entre os clientes que destacaron a súa calidade. Servíronse máis de 3.500 tapas entre os establecementos participantes.
Para outorgar maior peso aos produtos de Boqueixón, todas as tapas que se serviron durante a última edición, incorporaron algún produto local, queixo, carne, grelos…
Os participantes mostraron gran satisfacción polos resultados obtidos nun certame que contou con moitísima afluencia de público.
A V Ruta de Tapas “Qué rico estás Boqueixón” estivo organizada conxuntamente polo concello e polos hostaleiros de Boqueixón: Casa de Xantar O Imprevisto, Café Bar Latino, Bar García, A Taberna d´San Benito, Café Bar A Barreira, Casa de Xantar Casa Castro, Casa Almarthi, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O Rincón de Pepe, Cervexería O Vikingo, Café Bar O´26 e Restaurante Vía da Prata.