O alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, asinou no día de hoxe, un decreto de alcaldía, condenando e lamentando a morte violenta, dunha veciña do municipio natural da parroquia de Gastrar, atopada morta no rellano dun edificio na Avenida de Madrid en Vigo (Pontevedra) na madrugada do viernes ao sábado.
Este documento tamén recolle que se decretan tres días de loito oficial no municipio e a corporación municipal convoca a todos os veciños e veciñas a unha concrentración de repulsa o luns 19 de decembro ás 11:00 horas diante da casa consistorial.
A totalidade da corporación municipal manifestou hoxe sentir “dor e incomprensión por este feito” e transmiten o seu apoio “á familia da víctima e as súas persoas achegadas”.