O departamento de deportes do Concello en colaboración có departamento de educación física do CPI Antonio Orza Couto, desenvolveron esta semana, unas xornadas de formación en RCP básica ós alumnos da ESO de dito centro.
Así mesmo os rapces e rapazas coñeceron o uso e funcionamento dun desfibrilador (DESA), así como diferentes protocolos de actuación en casos de emerxencia, demostrando gran interese e motivación nunha materia que ten moita proxección no percorrido curricular desta etapa educativa.
As xornadas foron clausuradas polo alcalde Manuel Fernández Munín, que felicitou ós nenos e nenas participantes polo seu aproveitamento neste ámbito e o interese demostrado, comprometéndose dende o Concello de Boqueixón a seguir coa formación en utilización do DESA entre os diferentes grupos interesados (asociacións deportivas, usuarios/as de instalacións deportivas, equipos de veteranos,etc..).