Este domingo día 18 de decembro ás 17:30h., terá lugar na Casa da Cultura de Camporrapado, a obra de teatro “Solteiro, casado, viúvo e divorciado” do grupo de teatro do Centro Cultural O Coto.
Sinopse:
Catro homes deciden tomar a palabra para reclamar o que consideran xusto: a reivindicación dos homes pero dende o punto de vista de cada un dos seus estados civís: slteiro, casado, viúvo e divorciado.
A obra móstranos aos personaxes narrando os seus principais problemas coas mulleres: a infidelidade, a falta de relacións, o descoñecemento sexual, o mal manexo das técnicas de sedución e ata a falta de autoestima; mostrando en situacións divertdas, nas cales cada un irá cambiando a súa forma de ser; experiencias, que farán rir de forma interminable ao espectador.