A fervenza de Codeso e os exteriores da Capela de San Paio están sendo protagonistas na serie Fontealba, xa que a productora encargada do serial fai a rodaxe dos exteriores neste fermoso lugar da parroquia de Codeso.
Esta serie comezou a rodarse a principios de agosto e trátase dun serial diario que se emite en horario de tarde e que está producida por Atlántida Media AIE, responsable entre outras de “O Faro”.
Sinopse:
‘Fontealba’ reflexará a historia dos Douro. Xa fai case vinte anos dende a marcha de Nina, desaparecida despois de celebrar a súa festa de 18 aniversario, tras unha discusión coa súa nai. Aquel fatídico día, a gran familia que formaban os habitantes da Casa Grande deixou de selo, quebrando o fráxil equilibrio da familia Douro. Moitas cousas pasaron dende entón, moitos acontecementos e sucesos que a familia vai ocultando e sufrindo…
O patriarca, Luís, que nunca puido esquencer a súa filla, foi perdendo a alegría e, co tempo, convertiuse nun home duro e esixente. Agora, Luís Douro visita ao notario da familia, pois quere facer testamento. Tras unha vida de traballo, e coa súa gran capacidade para os negocios, o seu patrimonio non é menor, e sabe que o reparto vaise a convertir nunha despiadada loita pola súa herdanza, e iso que aínda non tivo netos…
As tensións, os odios e os conflictos emcionais que se mantiveron ata o de agora como un volcán en tensa calma están a punto de estoupar. Nin siquera os amores pasionais que se dan e se darán na familia, os novos nacementos nin as mortes imprevistas, serán motivo suficiente para que a familia Douro olvide o que, dunha maneira ou outra, está na mente de todos: o control do patrimonio dos Douro. Pero ademáis, e ante o asombro da familia, Nina regresa despois de case dúas décadas sen dar sinais de vida. E poñerá en marcha a súa venganza…