O pasado venres día 18 tivo lugar o 2º Pleno infantil no salón de plenos do Concello. Con motivo do Día Internacional dos dereitos d@s nen@s, os alumnos de 6º primaria do CPI Antonio Orza Couto traballaron os dereitos recollidos na Convención e realizaron as súas reflexións persoais sobre o cumprimento dos mesmos. Contamos tamén cos alumnos de 5º primaria como público ademáis dos seus titores e a orientadora do colexio.
O tema principal deste ano foron as migracións dos nenos e nenas e as súas consecuencias.
Destacar a importante labor tanto dos alumnos de 6º coma da súa titora na preparación dos seus discursos e argumentos traballando os 12 dereitos dunha maneira moi real (a través de noticias de prensa),realizando preguntas xerais ao Tenente Alcalde sobre o noso Concello e elaborando un Manifesto sobre a migración.
Noraboa a tod@s!!!