Este venres 18 de novembro presentouse a V edición da Ruta de Tapas de Boqueixón no Café Bar O Rincón de Pepe de Lestedo, gañador do Concurso de Tapas da Ruta da edición anterior.
Os hostaleiros queren dar a coñecer os seus establecementos e a mellor versión da súa cociña.
Participan 12 locais de Boqueixón no proxecto: Casa de Xantar O Imprevisto, Café Bar Latino, Bar García, Casa de Xantar Casa Castro, A Taberna d´San Benito, Bar A Barreira, Casa Almarthi, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O´26, Cervexería O Vikingo, Café Bar O Rincón de Pepe, Restaurante Vía da Prata; cun total de 14 tapas diferentes, prevese que nestes 6 días de festa se servirán 2.400 tapas.
Celébrarase o 25, 26 e 27 de novembro e o 2, 3 e 4 de decembro en horario de mañá e tarde: das 12:00h- 15:00h. e das 20:00h. ás 22:30h. Cun reducido custo de 1,5 euros por tapa.
Esta ruta de tapas é unha exaltación dos produtos da zona: queixo de Bo-Queixo (D.O. Arzúa-Ulloa e D.O. Queixo de Tetilla), carnes e toda a “horta de Boqueixón”, destacando os grelos de Boqueixón, patacas, pementos, etc que estarán presentes nunhas tapas elaboradas mirando cara unha cociña máis innovadora que aposta por novas presentacións e formatos máis vangardistas, sempre utilizando produtos de tempada.
Celebrarase, como ven sendo costume, o Concurso á mellor tapa de Boqueixón 2016, coa finalidade de que o concurso e o proceso sexa o máis obxectivo e transparente posible, o xurado será popular, deste xeito, cando un participante deguste todas as tapas cubrindo a súa tarxeta con todos os selos dos establecementos, debe indicar na mesma tarxeta cal considera que é a mellor tapa da ruta. A Continuación, cos datos persoais cubertos introdúcese nas urnas dispostas nos establecementos hosteleiros. Ó remate das 6 xornadas gastronómicas, o establecemento gañador obterá o recoñecemento á “Mellor Tapa de Boqueixón 2016”, contemplándose tamén o segundo e terceiro máis votado como 2º e 3º clasificado.
Das tarxetas dos participantes recollidas das urnas, faranse os seguinte sorteos:
- 5 BOTELLAS MAGNUM CORTESÍA DE BODEGA PAZO DO MAR (é preciso ter mínimo 8 selos dos establecementos na cartilla de participación).
- VALE DE 120€ PARA CANXEAR POR CEA/COMIDA (é preciso ter mínimo 10 selos dos establecementos na cartilla de participación).
- 200€ EN METÁLICO (é preciso ter a cartilla de participación completamente selada).