A Deputación Provincial da Coruña, Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade. convoca o III concurso de guións contra a violencia de xénero.
Trátase de fomentar a participación nunha actividade creativa de sensibilización en materia de violencia de xénero, a través da edición dun guión, dedicado a concienciar á poboación.
Quérese convidar a todas as persoas físicas con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, que cursen ESO, bacharelato, FP ou outro tipo de formación análoga na elaboración dun guión de curtometraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia , sensibilización e prevención en violencia de xénero.
Dito guión estará supervisado e titorizado por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña e apoiados pola Dirección do centro.
Prazo de presentación: ata o 7 de decembro do 2016
Bases: publicadas no BOP do 7 de novembro do 2016.
Premio: “curso práctico de realización de curtas e un premio de 4.000 euros ao centro educativo que titorize o guión gañador.
Para máis información sobre o citado concurso poñerse en contacto do CIM de Boqueixón ou ben chamando ó 981 513 061.