“Contra os elementos” é un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.
Protagonistas: Verónica Boquete, Marta Brañas, Mónica Castelo, Mari Carmen Garcia, Sofía Toro, Isabel Gundín, Paula Mayobre, Thais Pazos, Alicia Sadia, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera.
Unha produción de Esferobite para a Deputación da Coruña.
Nos seguintes enlaces poderás ver o contido dos vídeos:
www.contraoselementos.gal
http://www.youtube.com/channel/UCSQ8SVXlYiGuSF6aZFQHocA/videos?shelf_id=2&view=0&sort=dd